Sony Xperia E4g Dual - Xestionar contido de vídeo

background image

Xestionar contido de vídeo

Para obter información da película de xeito manual

1

Asegúrese de que o seu dispositivo ten a conexión de datos activada.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse

Movies.

3

Pulse

Todo na ficha A miña colección para examinar a miniatura dun ficheiro do

que desexa obter información.

4

Toque e manteña a miniatura do vídeo, despois pulse

Buscar información.

5

Se se lle solicita, permita que o dispositivo descargue detalles do vídeo usando a

conexión de datos móbiles.

6

No campo de busca, introduza as palabras clave para o vídeo, despois pulse a

tecla de confirmación no teclado. Todas as coincidencias se amosan nunha lista.

7

Seleccione un resultado da busca, despois pulse

Feito. Comeza a descarga da

información.

Tamén pode obter información sobre os vídeos engadidos recentemente de xeito automático

cando a aplicación Movies estea aberta se marca a caixa de verificación

Conseguir det. de

vídeo na opción Axustes. Poden aplicarse custos na transmisión de datos.

Se a información descargada non é correcta, procure de novo usando diferentes palabras

clave.

Para borrar información sobre un vídeo

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse

Movies.

2

Arrastre o bordo esquerdo da pantalla de aplicacións á dereita para abrir o menú

da pantalla de inicio de Movies e logo navegue polas diferentes categorías ata o

ficheiro de vídeo que desexe editar.

3

Toque e manteña a miniatura de vídeo, despois pulse

Borrar información.

99

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para eliminar un vídeo

1

Desde a pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse

Movies.

2

Arrastre o bordo esquerdo da pantalla de aplicacións á dereita para abrir o menú

da pantalla de inicio de Movies e logo navegue polas diferentes categorías ata o

ficheiro de vídeo que desexe eliminar.

3

Toque e manteña o vídeo que desexe, despois pulse

Eliminar na lista que

aparece.

4

Pulse

Eliminar de novo para confirmar.

100

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.