
Control do uso de datos
Pode realizar seguimento da cantidade de datos transferidos a e desde o seu dispositivo
cos seus datos móbiles ou coa conexión Wi-Fi® nun periodo determinado. Por
exemplo, pode ver a cantidade de datos usados polas aplicacións individuais. Para os
datos transferidos coa conexión de datos móbil, pode establecer unha advertencia de
uso de datos e límites para evitas custos adicionais.
Axustar a configuración de uso de datos pode axudarlle a ter un maior control do uso de
datos pero isto non garante a prevención de custos adicionais.
Para activar ou desactivar o tráfico de datos
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Uso de datos.
3
Seleccione a tarxeta SIM que dexese usar para o tráfico de datos.
4
Arrastre o control desprazable ao carón de
Tráfico de datos móbiles para activar
ou desactivar o tráfico de datos.
Cando o tráfico de datos está desactivado, o seu dispositivo aínda pode establecer
conexións Wi-Fi®, NFC e Bluetooth®.
Establecer unha advertencia no uso de datos
1
Asegúrese de que o tráfico de datos móbiles estea activado.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse
Axustes > Uso de datos.
4
Seleccione unha tarxeta SIM.
5
Para axustar o nivel de advertencia, arrastre as liñas de advertencia ata os valores
desexados. Recibirá unha notificación da advertencia cando a cantidade de
tráfico de datos chegue ao nivel establecido.
31
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Establecer un límite no uso de datos móbiles
1
Asegúrese de que o tráfico de datos móbiles estea activado.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse
Axustes > Uso de datos.
4
Seleccione unha tarxeta SIM.
5
Marque a caixa de verificación
Limitar o uso de datos móbiles se aínda non está
marcada e despois pulse
Aceptar.
6
Para establecer o límite no uso de datos móbiles, arrastre a liña correspondente
ata os valores desexados.
Cando o seu uso de datos móbiles chega ao límite establecido, o tráfico de datos do seu
dispositivo se desconectará de xeito automático.
Controlar o uso de datos móbiles de aplicacións individuais
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Uso de datos.
3
Seleccione unha tarxeta SIM.
4
Localice e pulse a aplicación que desexe.
5
Marque a caixa de verificación
Restrinxir datos de referencia.
6
Para acceder á configuración máis específica da aplicación (se está dispoñible),
pulse
Ver axustes da aplicación e faga os cambios que desexe.
O rendemento das aplicacións individuais pode verse afectado se cambia os axustes de uso
de datos relacionados.
Para comprobar o uso de datos
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Uso de datos.
3
Pulse e logo,
Amosar uso de Wi-Fi.
4
Para ver información sobre a cantidade de datos transferidos mediante WI-Fi®,
pulse o separador
Wi-Fi.
5
Para ver a información sobre a cantidade de datos transferidos mediante a
conexión de datos móbiles, pulse o separador
SIM1 ou SIM2.