Menú da pantalla de inicio de Álbum
A través do menú da pantalla de inicio de Álbum, pode ver todos os álbums de fotos,
incluídos os álbums de fotos e vídeos feitos coa cámara, así como o contido que
comparte en liña a través de servizos como PlayMemories Online, Picasa™ e Facebook.
Unha vez iniciada a sesión nestes servizos, pode xestionar contido, facer comentarios en
fotos e vídeos, e ver os comentarios de amigos. Desde a aplicación Álbum, tamén pode
engadir xeoetiquetas a fotos, realizar tarefas básicas de edición e usar métodos como a
tecnoloxía sen fíos Bluetooth® e o correo electrónico para compartir contido.
1
Ver fotos e vídeos co servizo PlayMemories Online
2
Volver á pantalla de inicio da aplicación Álbum
3
Ver todas as fotos e vídeos sacados coa cámara do dispositivo
4
Ver todas as fotos e vídeos gardados no dispositivo en diferentes cartafoles
5
Ver as súas fotos e vídeos favoritos
6
Ver todas as fotos con caras
7
Ver as fotos nun mapa ou no modo globo
8
Ver fotos e vídeos na mesma rede
9
Ver fotos e vídeos en Facebook™
10 Ver fotos e vídeos en Picasa™
11 Desprazarse cara arriba ou abaixo para ver o contido
O servizo PlayMemories Online non está dispoñible en todos os países ou rexións.
95
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para ver fotos desde servizos en liña en Álbum
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Álbum, logo arrastre o bordo esquerdo da pantalla de inicio de
Álbum á dereita.
3
Pulse o servizo en liña que desexe e logo siga as instrucións da pantalla para
inicialo. Amósanse todos os álbums en liña dispoñibles que cargara ao servizo.
4
Pulse calquera álbum para ver o seu contido e, a continuación, pulse unha foto no
álbum.
5
Toque lixeiramente cara á esquerda para ver a seguinte foto ou vídeo. Toque
lixeiramente cara á dereita para ver a foto ou o vídeo anterior.