Recibir chamadas
Para contestar unha chamada
Para declinar unha chamada
Para silenciar o ton de chamada dunha chamada entrante
•
Cando reciba a chamada, prema a tecla de volume.
Uso do contestador automático
A aplicación de contestador automático do dispositivo permítelle responder a chamadas
cando está ocupado ou se perde unha chamada. Pode activar a función de contestador
automático e determinar cantos segundos pasarán antes de que salte o contestador
automático. Tamén pode encamiñar manualmente as chamadas ao contestador
automático se está demasiado ocupado para responder nese momento. Pode acceder
ás mensaxes deixadas no contestador automático directamente desde o dispositivo.
Antes de utilizar o contestador automático, debe gravar unha mensaxe de saúdo.
Para gravar un saúdo para o contestador automático
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Chamada.
3
Seleccione unha tarxeta SIM.
4
Pulse
Contestador > Saúdos.
5
Pulse
Gravar un novo saúdo e siga as instrucións da pantalla.
48
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para activar o contestador automático
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Chamada.
3
Seleccione unha tarxeta SIM e pulse
Contestador.
4
Marque a caixa de verificación
Contestador.
Se non define un tempo de espera para que salte o contestador automático, utilízase o valor
predeterminado.
Rexeitar unha chamada co contestador automático
•
Cando reciba unha chamada, arrastre
Opcións de resposta cara arriba e despois
seleccione
Rexeitar co contestador.
Para establecer un tempo de espera para o contestador automático
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Chamada.
3
Seleccione unha tarxeta SIM e pulse
Contestador.
4
Pulse
Responder despois de.
5
Axuste a hora desprazándose cara a arriba e cara a abaixo.
6
Pulse
Feito.
Para escoitar mensaxes no contestador automático
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Chamada.
3
Seleccione unha tarxeta SIM.
4
Pulse
Contestador > Mensaxes.
5
Seleccione a mensaxe de voz que desexa escoitar.
Tamén pode escoitar as mensaxes do contestador automático directamente desde o rexistro
de chamadas se pulsa .
Rexeitar unha chamada cunha mensaxe de texto
Pode rexeitar unha chamada cunha mensaxe de texto. Cando rexeita unha chamada
cunha mensaxe, a mensaxe envíase de xeito automático ao emisor da chamada e
almacénase na conversa de mensaxería co contacto.
Pode seleccionar entre unha serie de mensaxes predefinidas que lle ofrece o dispositivo,
ou ben crear unha mensaxe nova. Tamén pode editar as mensaxes predefinidas para
crear as súas propias mensaxes personalizadas.
Rexeitar unha chamada cunha mensaxe de texto
1
Cando reciba unha chamada, arrastre
Opcións de resposta cara arriba e despois
pulse
Rexeitar con mensaxe.
2
Seleccione unha mensaxe predefinida ou pulse e escriba unha mensaxe nova.
Rexeitar unha segunda chamada cunha mensaxe de texto
1
Se escoita tons de aviso repetidamente durante unha chamada, arrastre
Rexeitar
con mensaxe cara arriba.
2
Seleccione unha mensaxe predefinida ou pulse e escriba unha mensaxe nova.
Para editar a mensaxe usada para rexeitar unha chamada
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Chamada > Xeral > Rexeitar chamada con SMS.
3
Pulse na mensaxe que desexe editar e faga os cambios que precise.
4
Pulse
Aceptar.
49
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.