Sony Xperia E4g Dual - Bloqueo de pantalla

background image

Bloqueo de pantalla

Hai varios xeitos de bloquear a pantalla. O nivel de seguridade de cada tipo de bloqueo

aparece listado debaixo en orde de máis débil a máis forte:

Pasar o dedo: sen protección, pero ten acceso rápido á pantalla de inicio

Desbloqueo por Bluetooth: desbloquea o dispositivo usando dispositivos emparellados

por Bluetooth

Desbloqueo por cara: desbloquea o dispositivo cando mira para el

Patrón: debuxe un patrón sinxelo co dedo para desbloquear o dispositivo

PIN: introduza un PIN numérico de polo menos catro díxitos para desbloquear o

dispositivo

Contrasinal: introduza un contrasinal alfanumérico para desbloquear o dispositivo

É moi importante que lembre o patrón de desbloqueo da pantalla, o PIN ou o contrasinal. Se

esquece esta información, é posible que non poida restablecer datos importantes, como

contactos e mensaxes.

Para cambiar o tipo de bloqueo de pantalla

1

Desde a pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Configuración > Seguridade > Bloqueo de pantalla.

3

Siga as instrucións do dispositivo e seleccione outro tipo de bloqueo de pantalla.

Para desbloquear a pantalla usando a característica de desbloqueo por Bluetooth®

Asegúrese de que o seu dispositivo e outros dispositivos Bluetooth® están emparellados

antes de usar a característica de desbloqueo por Bluetooth®. Para obter máis información

sobre emparellamento, consulte

Para asociar o seu dispositivo a outro dispositivo Bluetooth®

na páxina 105 .

1

Desde a pantalla de inicio, pulse , a continuación, localice e pulse

Configuración

>

Seguridade.

2

Pulse

Bloqueo de pantalla > Bluetooth unlock.

3

Pulse

Continuar e seleccione o dispositivo que desexe usar para desbloquear a

pantalla, despois pulse

Continuar.

4

Escolla unha opción como o bloqueo da copia de seguridade para desbloquear a

pantalla cando non hai dispositivos Bluetooth® conectados.

5

Noutros dispositivos Bluetooth®, localice e pulse o nome do seu dispositivo en

Configuración > Bluetooth > Dispositivos asociados. Cando apareza Conectado

nos dispositivos Bluetooth®, prema a tecla de acendido no seu dispositivo

inmediatamente.

Se o seu dispositivo se desconecta doutros dispositivos Bluetooth®, cómpre desbloquear a

pantalla cun PIN ou patrón.

Para configurar a característica de desbloqueo por cara

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse >

Configuración > Seguridade > Bloqueo de

pantalla.

2

Pulse

Desbloqueo de caras e logo siga as instrucións do dispositivo para

capturar unha foto da súa cara.

3

Cando se capture a súa cara correctamente, pulse

Continuar.

4

Seleccione un método de desbloqueo de seguridade e siga as instrucións do

dispositivo para finalizar a configuración.

Para obter mellores resultados, capture a súa cara nunha zona interior ben iluminada pero

non moi brillante a manteña o dispositivo ao nivel dos ollos.

Para desbloquear a pantalla usando a característica de desbloqueo por cara

1

Active a pantalla.

2

Mire cara ao dispositivo desde o mesmo ángulo que usou para capturar a foto de

desbloqueo por cara.

Se a característica de desbloqueo por cara non recoñece a súa cara, debe usar o método de

desbloqueo de seguridade para desbloquear a pantalla.

40

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para crear un patrón de bloqueo de pantalla

1

Desde a pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Configuración > Seguridade > Bloqueo de pantalla > Patrón.

3

Siga as instrucións indicadas no dispositivo.

Se o patrón de bloqueo se rexeita cinco veces consecutivas ao tentar desbloquear o

dispositivo, debe agardar 30 segundos e tentalo de novo.

Para cambiar o patrón de bloqueo de pantalla

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Configuración > Seguridade > Bloqueo de pantalla.

3

Debuxe o seu patrón de desbloqueo de pantalla.

4

Pulse

Patrón e siga as instrucións do dispositivo.

Para crear un PIN de bloqueo de pantalla

1

Desde a pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Configuración > Seguridade > Bloqueo de pantalla > PIN.

3

Introduza un PIN numérico.

4

Se é necesario, pulse para minimizar o teclado.

5

Pulse

Continuar.

6

Introduza de novo e confirme o seu PIN.

7

Se é necesario, pulse para minimizar o teclado.

8

Pulse

Aceptar.

Crear un contrasinal de bloqueo de pantalla

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse >

Configuración > Seguridade > Bloqueo de

pantalla > Contrasinal.

2

Insira un contrasinal.

3

Se é necesario, pulse para minimizar o teclado.

4

Pulse

Continuar.

5

Insira de novo e confirme o seu contrasinal.

6

Se é necesario, pulse para minimizar o teclado.

7

Pulse

Aceptar.

Para ver notificación desde a pantalla de bloqueo

1

Desde a pantalla de bloqueo, arrastre a barra de estado cara abaixo

2

Pulse na notificación que desexe ver.

Só pode ver notificación desde a pantalla de bloqueo cando bloquea a pantalla co modo

Desprazar.