Sony Xperia E4g Dual - Copia de seguridade e restablecemento do contido

background image

Copia de seguridade e restablecemento do contido

Normalmente, non debería gardar fotos, vídeos nin ningún outro contido persoal só na

memoria interna do dispositivo. Se ocorre algo no hardware ou se o seu dispositivo se

perde ou é roubado, os datos gardados na súa memoria interna pérdense para sempre.

É recomendable usar o software Xperia™ Companion para efectuar copias de

seguridade nas que se garden de xeito seguro os seus datos nun ordenador, é dicir, nun

dispositivo externo. Este método é moi recomendable se actualiza o software do seu

dispositivo a unha nova versión de Android.
Coa aplicación Copia de seguridade e restauración, pode efectuar unha copia de

seguridade en liña dos axustes básicos e os datos de forma rápida coa súa conta de

Google™. Tamén pode usar esta aplicación para efectuar unha copia de seguridade de

123

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

forma local, por exemplo, na tarxeta SD do seu dispositivo ou nun dispositivo de

almacenamento USB externo.

É moi importante que lembre o contrasinal establecido cando realiza unha copia de

seguridade de datos. Se esqueceu o contrasinal, é posible que non poida restaurar os datos

importantes como contactos e mensaxes.

Efectuar unha copia de seguridade dos datos nun ordenador

Use o software Xperia™ Companion para efectuar unha copia de seguridade dos datos
dos seu dispositivo nun PC ou nun ordenador Apple

®

Mac

®

. Estas aplicacións de copia

de seguridade permítenlle efectuar copias de seguridade dos seguintes tipos de datos:

Contactos e rexistros de chamadas

Mensaxes

Calendario

Axustes

Ficheiros multimedia como música e vídeos

Fotos e imaxes

Efectuar unha copia de seguridade dos seus datos mediante un ordenador

1

Asegúrese de que o software Xperia™ Companion estea instalado no seu PC ou
ordenador Apple

®

Mac

®

.

2

Conecte o dispositivo ao ordenador cun cable USB.

3

Ordenador: Abra o software Xperia™ Companion. Despois duns intres, o

ordenador detecta o dispositivo.

4

Seleccione

Copia de seguridade na pantalla principal.

5

Siga as instrucións da pantalla para efectuar a copia de seguridade do seu

dispositivo.

Restablecer datos usando un ordenador

1

Asegúrese de que o software Xperia™ Companion estea instalado no seu PC ou
ordenador Apple

®

Mac

®

.

2

Conecte o dispositivo ao ordenador cun cable USB.

3

Ordenador: Abra o software Xperia™ Companion.

4

Faga clic en

Restaurar.

5

Seleccione un ficheiro de copia de seguridade das gravacións de copia de

seguridade e pulse

Restaurar. Despois siga as instrucións da pantalla para

restablecer os datos no seu dispositivo.

Copia de seguridade de datos coa aplicación Copia de seguridade e

restauración

En función da versión da aplicación Copia de seguridade e restauración que teña instalada no

dispositivo, é posible que non poida facer copias de seguridade e restauracións de datos

entre versións diferentes de Android, por exemplo, ao actualizar da versión 4.3 de Android á

versión 4.4. Non obstante, se executa a versión 2.0 (ou posterior) da aplicación Copia de

seguridade e restauración, pode restaurar os datos ao facer estas actualizacións. Pode

comprobar a versión da aplicación Copia de seguridade e restauración en

Axustes >

Aplicacións > Todas > Efect. copia seg. e restaurar.

Coa aplicación Copia de seguridade e restauración pode efectuar unha copia de

seguridade de datos manualmente ou activar a función de copia de seguridade

automática para gardar datos periodicamente.
A aplicación Copia de seguridade e restauración é recomendable para facer unha copia

de seguridade dos datos antes de restablecer os datos de fábrica. Con esta aplicación

pode facer copias de seguridade dos seguintes tipos de datos nunha tarxeta SD no

dispositivo:

Marcadores

Rexistros de chamadas

Contactos

Conversas

124

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Datos do calendario

Para configurar a función de copia de seguridade automática

1

Se está a efectuar unha copia de seguridade nunha tarxeta SD, asegúrese de que

estea correctamente inserida no seu dispositivo.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Copia de seguridade e restauración.

4

Para activar a función de copia de seguridade automática, arrastre o control

desprazable cara á dereita.

5

Para seleccionar unha frecuencia na copia de seguridade, puse e despois

seleccione a frecuencia de copia de seguridade que desexe.

6

Para seleccionar onde gardar os ficheiros da copia de seguridade, pulse > .

7

Para seleccionar os tipos de datos dos que efectuar copia de seguridade, marque

as casillas de verificación correspondentes.

8

Para gardar a configuración, pulse .

Para efectuar unha copia de seguridade manual do contido

1

Se está a facer unha copia de seguridade nunha tarxeta SD, asegúrese de que a

tarxeta SD está inserida correctamente no dispositivo.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Copia de seguridade e restauración.

4

Pulse

Copia seg. manual e logo seleccione un destino para a copia de

seguridade e os tipos de datos que desexa copiar.

5

Pulse

Continuar.

6

Cando os datos estean copiados, pulse

Rematar.

Para restablecer o contido dunha copia de seguridade

1

Se está a restablecer contido desde una tarxeta SD, comprobe que a tarxeta SD

está inserida correctamente no dispositivo.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Copia de seguridade e restauración.

4

Pulse

Restaurar datos agora, e seleccione unha fonte de restablecemento e os

tipos de datos que desexa restaurar.

5

Pulse

Continuar.

6

Cando o contido estea restablecido, pulse

Rematar.

Lembre que todos os cambios que faga nos seus datos e axustes despois de crear unha

copia de seguridade, incluídas as aplicacións descargadas, eliminaranse durante o

procedemento de restablecemento.