Batería e xestión da enerxía
O seu dispositivo ten unha batería incorporada. Pode seguir a pista do consumo da
batería e ver as aplicacións que precisan máis dela. Pode quitar ou restrinxir aplicacións
e activar varios modos de aforro de enerxía para sacar o máximo proveito da súa
batería. Tamén pode ver unha estimación do tempo de batería que queda e establecer a
configuración da batería para mellorar o seu rendemento e que dure máis.
Para xestionar o seu consumo de batería
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Xestión de enerxía > Consumo de enerx. da aplic..
Aparece unha descrición xeral coas aplicacións que teñen índices de tráfico de
datos maiores ou as que non se usaron durante moito tempo.
3
Revise a información e actúe como desexe, por exemplo, para desinstalar unha
aplicación ou rentrinxir o seu uso.
Para ver que aplicacións usan máis batería
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Xestión de enerxía > Uso da batería.
Para ver o tempo de batería estimado
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Xestión de enerxía.
Modos de aforro de enerxía
Existen varios modos de aforro de enerxía dispoñibles para utilizar se desexa que a
batería dure máis tempo:
Modo STAMINA
Desactiva a Wi-Fi® e os datos móbiles cando a pantalla está apagada e
restrinxe o rendemento do hardware. Cando se activa este modo aparece
na barra de estado.
Modo Ultra STAMINA
Limita a funcionalidade do seu dispositivo a tarefas principais, como facer
chamadas de teléfono e enviar mensaxes SMS. Cando se activa este modo
aparece
na barra de estado.
Modo de batería baixa
Modifica o comportamento do seu dispositivo para, por exemplo, axustar o
brillo da pantalla e o tempo de espera da pantalla cando o nivel de batería é
inferior a determinada porcentaxe. Cando se activa este modo aparece
na
barra de estado.
Ubicac. bas. en Wi-Fi
Axusta o seu dispositivo para que só active a función Wi-Fi® cando se atopa
dentro da cobertura dunha rede Wi-Fi® gardada.
Pór en cola datos de fondo Optimiza o tráfico saínte cando a pantalla está apagada mediante o envío de
datos a intervalos predefinidos.
Para activar un modo de aforro de enerxía
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Xestión de enerxía .
3
Para activar o seu modo preferido, arrastre o control desprazable relevante cara á
dereita ou marque a caixa de verificación correspondente e confirme se é
necesario.
4
Se non están dispoñibles nin o control desprazable nin a caixa de verificación,
pulse no nome do modo que desexe activar e confirme se é necesario.
Descrición xeral das características do modo STAMINA
O modo STAMINA ten varias características que lle permiten optimizar o rendemento da
batería:
Modo en espera
ampliado
Evita que as aplicacións usen tráfico de datos desactivando a Wi-Fi® e os datos
móbiles cando a pantalla está apagada. Pode excluír algunhas aplicacións e servizos
para que non estean en pausa mentres esta característica está activa.
120
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Reloxo STAMINA
Mantén en pausa as conexións de rede en situacións en que preme con frecuencia a
tecla de acendido para comprobar a hora.
Uso ampliado
Restrinxe o rendemento do hardware mentres vostede usa o dispositivo.
Para activar as características do modo STAMINA
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Xestión de enerxía , e despois Modo STAMINA.
3
Active o modo STAMINA se está desactivado.
4
Marque as caixas de verificación a carón das características que desexe activar,
despois pulse
Activar se se lle pide.
Para seleccionar as aplicacións que se executan en modo STAMINA
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Xestión de enerxía , e despois Modo STAMINA.
3
Active o modo STAMINA se está desactivado.
4
Asegúrese de que a caixa de verificación
Modo en espera ampliado estea
marcada e despois pulse
Aplicacións activas en espera > Engadir aplicacións.
5
Desprácese cara á dereita ou esquerda para ver todas as aplicacións e servizos,
despois marque as caixas de verificación correspondentes ás aplicacións que
desexa executar.
6
Cando remate, pulse
Listo.