Sony Xperia E4g Dual - Widgets

background image

Widgets

Os widgets son pequenas aplicacións que pode usar directamente na pantalla de inicio.

Tamén funcionan como accesos directos. Por exemplo, o widget do Tempo permítelle

ver a información básica do tempo directamente na súa pantalla de inicio. Pero ao pulsar

o widget, ábrese a aplicación completa do Tempo. Pode descargar máis widgets desde

Google Play™.

Para engadir un widget á pantalla de inicio

1

Toque e manteña unha zona baleira na súa Pantalla de inicio ata que o dispositivo

vibre, entón pulse

Widgets.

2

Localice e pulse o widget que desexa engadir.

Para redimensionar un widget

1

Toque e manteña un widget ata que aumente e o teléfono vibre, entón libere o

widget. Se o widget pode redimensionarse, por exemplo, o widget de Calendario,

aparece un marco resaltado e os puntos para redimensionar.

2

Arrastre os puntos cara dentro ou fóra para reducir ou agrandar o widget.

3

Para confirmar o novo tamaño do widget, pulse en calquera lugar na Pantalla de

inicio.

Para mover un widget

Toque e manteña o widget ata que aumente e o dispositivo vibre e logo arrástreo

ata a nova localización.

Para eliminar un widget

Toque e manteña o widget ata que este aumente e o dispositivo vibre, entón

arrástreo ata na parte superior da pantalla.